Inicio Foro Quen somos Contactar
 

Unha persoa pode existir sen o DNI, pero a verdade é que non se pode ir moi lonxe sen el, por eso decidimos sacarlle o DNI o Jabalí, ou sexa, o CIF e asi se creou a Asociación Cultural Deportiva Jabalí4x4. Agora tamén existimos para a Administración, cousa importante nos tempos que corren, de feito esta páxina está aquí, non solo pola aportación que nos deu a Xunta de Galicia senón principalmente polo prazo que nos deu para publicala, de feito todo esto está feito en tres días. Por eso tedes que perdoar pola falta de contido en algunhas seccións, e polas fotos, que non son moi variadas de momento.

Jabalí4x4 non é nada novo, é un grupo de amigos que se aficionaron a unha mesma actividade e nela se encontraron novos bos amigos, todos eles son JABALI4X4. O nome non é algo moi meditado nin moi rebuscado, como soe acontecer nestes casos, tamén pode que non sexa moi orixinal, e tampouco ten nada que ver coa caza deste animal como algún pensou, todo o contrario, o jabalí sempre estivo entre nós.

Non somos os máis animais, nin os máis “cajarretas”, non temos as rodas máis grandes nin somos os mellores pilotos, pero intentaremos a través desta web aportar algo ó resto de aficionados ou polo menos servir de medio para que outros o fagan.

O certo é que nesto do todoterreo cabemos todos, por a diversidade de modalidades e de maneiras de disfrutalo. Por eso é unha afición tan contaxiosa, porque eu creo que a todos nos gusta a natureza, e dende que teño o meu TT puiden ver sitios alucinantes.

Se che gusta a bricolaxe e a mecanica, non te aburriras nunca máis, porque un todoterreo nunca acabaras de preparalo, equipalo, personalizalo,reparalo,...

Bueno non me enrollo máis, espero que vos guste a páxina.